Todos un e iguais

Novas de interese


Volver al resumen

29/11/2023

➡️ DOTACIÓN DE AULAS DIXITAIS ⬅️

Vimos de recibir unha boa nova. O pasado 1 de xuño publicábase no DOG unha Orde pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas, en réxime de concorrencia non competitiva, a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais, financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Pola nosa parte, solicitamos o máximo que as bases reguladoras nos permitían: a dotación de ordenador e panel dixital interactivo (IFP) para 10 aulas do colexio, e que nos foi concedida na súa totalidade. O investimento foi de 27992,38€.

Actualmente temos instalados encerados interactivos (PDI) que só funcionan cando hai un ordenador, un proxector e unha pantalla LCD. O encerado mostrará todo o que apareza na pantalla do ordenador do usuario. En cambio, un panel dixital interactivo (IFP) é un panel de vídeo con pantalla táctil que permite actuar sobre a imaxe mediante o dedo ou un punteiro. Este tipo de dispositivos non precisan de proxector xa que poden amosar a imaxe no propio panel.

Unha das nosas liñas de actuación é a integración das TIC na aula. Procuramos que o noso alumnado se achegue á tecnoloxía desde o inicio da súa escolarización no centro. En infantil comezamos o achegamento a estas ferramentas co uso do ordenador, o encerado dixital e a robótica (a través de Beebot). En educación primaria continuamos co uso do ordenador, o encerado dixital e tabletas no 3º ciclo para as materias de linguas e matemáticas. Na educación secundaria proséguese co uso do ordenador, o encerado dixital e a robótica (a través de LEGO Spike Prime). Ademais, dentro das materias de Dixitalización e Tecnoloxía e Dixitalización afóndase no uso das TIC (tratamento da información, edición e montaxe de materiais audiovisuais, programación, interacción na rede, seguridade e protección de datos, tecnoloxía sostible, deseño asistido por ordenador, ...).

O obxectivo que ser persegue coa solicitude desta axuda e a instalación destes paneis é o de aproveitar todas as vantaxes que nos ofrecen este tipo de dispositivos para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe no noso centro e que a maior parte posible do noso alumnado se poida ver beneficiado.

As pantallas interactivas teñen unha capacidade inherente para impulsar a aprendizaxe activa e maximizan a STEAM. Os estudantes poden extraer contido da internet, manipular o contido da pantalla de forma simultánea traballando en equipo...

Búscase tamén contribuír á mellora do proceso de ensino-aprendizaxe, ao tratarse de dispositivos máis versátiles en canto á interacción e máis adaptados aos requirimentos das diferentes etapas evolutivas do alumnado, así como ás necesidades educativas especiais. Axudan a capturar e manter a atención do alumnado e facer que a aprendizaxe sexa máis divertida.

Os IFP instalados veñen con ángulos de visión optimizados que permiten aos estudantes ser capaces de ver a información claramente desde calquera ángulo. Ademais, os paneis son suficientemente brillantes como para ser vistas en calquera situación de iluminación, non tendo que escurecen a aula para unha mellor visión do proxectado.

En resumo, estes paneis dixitais interactivos ofrecen unha variedade de vantaxes para a aprendizaxe en idades temperás dos estudantes e para a ensinanza do profesorado, desde unha maior interactividade e acceso a recursos educativos, ata unha maior flexibilidade e adaptabilidade na presentación do contido educativo.

 Cartel Dotación de aulas.png


Volver al resumen





 


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram