Todos un e iguais

 Colexio Martínez Otero

O colexio Martínez Otero é un centro educativo concertado, mixto e laico, fundado en 1940 por D. Eliseo Martínez Pillado e Dna. Pilar Otero Pillado. Conta na actualidade con máis 25 profesores e aproximadamente 300 alumnos, que cursan, desde Educación Infantil ata ESO. 

O equipo docente conta coa titulación correspondente e asiste regularmente a cursos de actualización para poder ofrecer a mellor educación posible ao alumnado. Tanto a actividade académica como a extraescolar desenvólvese nas instalacións que o centro posúe no pobo de Foz.

O Centro leva máis de 75 anos ofrecendo un sistema educativo que non só busca o desenvolvemento intelectual dos seus alumnos senón tamén un progreso integral a través dos seus valores, fomentando a creatividade, a ilusión por aprender e a motivación nos alumnos.

O modelo educativo do colexio Martínez Otero pretende conxugar un seguimento esixente da aprendizaxe e a conduta dos alumnos, fomentando e avaliando a súa responsabilidade, esforzo e hábitos de estudo e de traballo, co respecto á súa liberdade e o estímulo da participación, o labor en equipo, a creatividade e a capacidade de iniciativa, investigación, experimentación e innovación. O resultado de ambos os factores é a certificación dun recoñecido nivel académico; a adquisición de valores fundamentais para a convivencia nunha sociedade aberta, participativa e democrática; e unha relación entre o profesor e os alumnos baseada, máis que nunha disciplina coercitiva, na confianza mutua. 

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram