Sumando Vontades

Instalacións e servizos

O centro dispón dunhas instalacións de máis de 8.000 metros cadrados na rúa de Paco Maañon en Foz. Estas instalacións están pensadas para que os alumnos poidan desenvolver as súas actividades deportivas e lectivas nas mellores condicións. 

Para as actividades deportivas dispón de máis de 2.000 metros cadrados cubertos que permiten o exercicio do deporte resgardando aos alumnos das inclemencias do tempo. O pavillón polideportivo, a aula de psicomotricidade, o ximnasio, as salas de tenis de mesa e xadrez atoparíase dentro deste tipo. As pistas de voleibol, fútbol e baloncesto -exteriores- completarían os metros destinados ás actividades deportivas.

Para as actividades lectivas o centro dispón dunha morea de clases adaptadas aos diferentes niveis educativos, desde as clases de Infantil, con recursos e mobiliario adaptado aos nenos de idades temperás ata as clases de Secundaria, dotadas de sistemas informáticos e materiais propios para o estudo esixido nesa etapa educativa, laboratorios de física e química, biblioteca, taller de tecnoloxía, aula de informática, aula de música, etc.

Tamén existen máis espazos destinados a actividades culturais como poden ser o salón de actos con capacidade para máis de 450 persoas ou a sala Don Bosco.

O colexio dispón de cociña e comedor propios onde se ofrece o servizo de comida distribuído en 3 quendas diariamente. 

Ademais, dispoñemos doutros servizos como o de madrugadores, de transporte, asistencia a educación infantil, ...