Todos un e iguais

Plan Integral de Plurilingüismo Educativo (PIPE)

No noso interese por seguir mellorando e dando calidade á nosa oferta educativa no centro, no curso 17/18 entramos a formar parte do Plan Integral de Plurilingüismo Educativo ( PIPE).

PIPE é un programa flexible e gratuíto para potenciar, mellorar e estandarizar o ensino de idiomas en diferentes campos educativos de forma global, compatible e con resultados avalados/certificados por entidades de recoñecemento mundial.

É un plan pensado para centros comprometidos coa calidade e conscientes da importancia dos idiomas na formación de futuro.

Isto conséguese ordenando e sistematizando o ensino de idiomas no centro escolar a través de tres eixos básicos:

  • Curricular. Máis horas de exposición a outra/s lingua/s ampliando o tempo dedicado ao ensino de idiomas no centro educativo e o uso e presenza noutros ámbitos da vida escolar.
  • Complementario. Formando e avaliando especificamente ao equipo docente, o que outorgará máis calidade para o alumno.
  • Extraescolar. Poñendo en práctica metodoloxías de aprendizaxe enfocadas a idiomas e utilizando as novas tecnoloxías para mellorar esta aprendizaxe, xunto a unha ampla variedade de actividades específicas para este fin: Escola de Idiomas, Auxiliares de conversación (que axudan a consolidar os coñecementos lingüísticos adquiridos e a familiarizarse culturalmente co idioma.)

O Plan PIPE persegue implementar e optimizar a eficacia do ensino de idiomas na escola co incremento cualitativo e cuantitativo do ensino do Inglés como segunda lingua e a programación dunha formación específica do profesorado.

 

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram