Todos un e iguais

Servizo de transporte

O colexio dispón de provedores de transporte externos con vehículos modernos e adaptados para prestar este servizo con todas as garantías de seguridade e confort. As rutas elabóranse a principios de curso e a duración de cada ruta escolar non excede dunha hora. Trata de realizarse un percorrido o mais axustado posible aos domicilios dos usuarios. 

Cada ruta está vixiada por unha monitora que supervisa o correcto funcionamento da mesma, controla a asistencia dos alumnos e vela pola seguridade dos mesmos, asegurándose de que cada neno ou nena é recollido polos seus representantes legais en cada parada ou devolvendo ao centro a aqueles menores que non puidesen ser recollidos polos seus pais ou responsables autorizados. 

Encargados de organizar, facer cumprir as normas e mediar entre pais, alumnado e empresa:


  • Manuel González Alonso
  • Lourdes Gómez Vincelle
  • Silvia Devesa López
  • Rubén Pérez Val

Traxectos:

 

  • Liña 1.- Xove - S. Cibrao – Burela -  Foz.
  • Liña 2.- Alfoz - Lourenzá – Reinante - Foz.


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram