Todos un e iguais

Servizo de madrugadores

O obxectivo básico deste programa é conciliar a vida familiar e laboral. Deste xeito, o colexio facilita a tarefa educativa dos pais que inician a súa xornada laboral antes das actividades lectivas do Centro.

Este servizo funciona desde as 8 da mañá ata o comezo das clases ás 9.30. Poderase facer uso de forma habitual ou esporádica en días soltos e conta tamén con servizo de almorzo.

A  tarefa da coidadora responsable do servizo consiste en coidar aos alumnos, velar polo correcto desenvolvemento das actividades e informar ao responsable da coordinación do programa calquera circunstancia que afecte ao normal desenvolvemento do servizo. 

Os nenos realizarán diferentes actividades segundo a idade e os intereses: actividades de carácter lúdico-didáctico, animación lectora, traballo persoal... Ademais, fomentaranse os valores do respecto e a colaboración. Ao finalizar as actividades, os alumnos, en función da idade e do uso, deberán recoller e ordenar o material utilizado.

Responsables:

 

  • Manuel González Alonso
  • Montse Cuesta López

 

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram