Todos un e iguais

 Desenvolvemento físico e traballo en equipo

Entendemos o deporte como un complemento imprescindible para a formación do alumno en canto a ensino, desenvolvemento físico e traballo en equipo.

Durante o curso escolar e sempre en horario compatible coas tarefas lectivas, ofrecemos aos estudantes a práctica de varias modalidades e especialidades deportivas. 

Como xa ven sendo habitual ao longo destes anos, a Agrupación Deportiva Martínez Otero de Foz, ven desenvolvendo unha importante labor de promoción deportiva nas modalidades de baloncesto, xadrez, bádminton, tenis de mesa, atletismo e campo a través, nas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

Ao longo desta tempada, pretendemos seguir coa mesma liña de actuación cara a conseguir os seguintes obxectivos:

  • Potenciar a convivencia e o respecto aos demais.
  • Favorecer e educar a sociabilidade e integración.
  • Mellorar a condición física e a saúde a través do exercicio físico moderado e controlado.
  • Aportar unha plataforma constructiva para o tempo de ocio.
  • Potenciar o nivel deportivo dos rapaces/as.
  • Servir de plataforma de competición para todos os equipos que se formen no colexio. 
Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram