Todos un e iguais

CPR Plurilingüe Martínez Otero

O CPR Plurilingüe Martínez Otero imparte os seus ensinos en castelán, galego e inglés. O Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo desenvolve a nosa forma de traballar.

O Colexio conta con profesores nativos e unha academia de idiomas na propia instalación con obxecto de que os alumnos perfeccionen a aprendizaxe do inglés principalmente. 

Nos últimos anos o Proxecto de idiomas do colexio confórmase con distintos aspectos:  

  • Dispoñer dos mellores especialistas e persoal nativo contratado no Centro.
  • Xerar formación adecuada para este persoal.
  • Engadir ao horario lectivo sesións en idioma nos diferentes cursos do ensino regrado.
  • Aumentar a carga horaria de materias en idioma en Primaria e Secundaria.
  • Chequear a evolución dos nosos mozos con exames da Universidade de Cambridge cada curso e no Centro.
  • Contar cunha auxiliar de conversa para todas as etapas de aprendizaxe.

En Educación Infantil o centro aposta pola metodoloxía ‘ Learn while you Play’ xerando horario lectivo neste idioma cunha profesora especialista que introduce a lingua aos poucos.

A aposta en Educación Primaria pasa por ser Centro Plurilingüe incluíndo a Educación Artística en forma de Arts and Crafts neste idioma.

En Educación Secundaria, todos os nosos alumnos contan coa axuda dunha profesora nativa como auxiliar de conversa para potenciar deste xeito a parte do speaking.

O Colexio Martínez Otero aposta decididamente por un ensino do inglés centrado na conversación e enfocado a que os nosos alumnos falen de maneira rutineira e incorporen o idioma inglés como algo natural do seu día a día.

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram