Seguro de accidentes
- Dentro do recinto do centro docente.
- En clases, recreos ou xogos propios de centros docentes.
- Fóra do centro docente realizando visitas a museos, laboratorios ou centros de estudos sempre que vaian acompañados de profesores ou persoas encargadas dos alumnos.
- Fóra do centro docente en excursións organizadas polo mesmo e coa presenza de profesores ou persoas encargadas dos alumnos.
- Durante a práctica de deportes no recinto do centro docente, e mesmo en competicións fóra de tal recinto se fosen realizadas como representación do mesmo.
De non subscribir esta opción os gastos orixinados recaerán na familia.
O alumnado de 3º e 4ºESO entra no réxime escolar da seguridade social.
Ademais, o centro ten subscrita unha póliza de responsabilidade civil que cobre todas as actividades organizadas polo colexio.