Colexio Martínez Otero
Coñecer, compartir e medrar

TRABALLA CON NÓS

Forma parte do noso equipo

O CPR Plurilingüe Martínez Otero é un centro educativo concertado situado en Foz (Lugo), pertencente á Fundación Benéfico-Docente Martínez Otero.
Contamos cunha única liña educativa e preto de 300 alumnos e alumnas, aos que acompañamos ao longo das etapas de:

  • Educación Infantil.
  • Educación Primaria.
  • Educación Secundaria Obrigatoria.

Somos un centro próximo e familiar, comprometido cunha educación integral, inclusiva e de calidade. Apostamos pola innovación educativa, o plurilingüismo, a competencia dixital, a atención á diversidade e o traballo coordinado con toda a comunidade educativa.
Buscamos profesionais que compartan a nosa maneira de entender a educación e que desexen formar parte dun equipo comprometido co acompañamento persoal e académico do alumnado.

Ofertas de emprego

Neste espazo publicaremos as ofertas de emprego e os procesos de selección que se atopen abertos no centro.

Neste momento non hai ningunha oferta de emprego activa.

Podes enviarnos igualmente a túa candidatura para futuros procesos de selección.

Requisitos xerais

As persoas candidatas deberán cumprir os requisitos establecidos pola normativa vixente para exercer a docencia en centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia, entre eles:

  • Posuír a titulación académica requirida para a etapa, área, materia ou especialidade correspondente.
  • CELGA 4
  • Dispoñer da formación pedagóxica e didáctica esixida, cando proceda.
  • Contar coa habilitación correspondente da Xunta de Galicia ou cumprir os requisitos necesarios para obtela.
  • Acreditar a competencia lingüística requirida para o posto, cando sexa necesario.
  • Cumprir os requisitos legais para traballar habitualmente con persoas menores de idade.

Pódese consultar a información oficial sobre as habilitacións para exercer a docencia en centros privados no portal de habilitacións da Xunta de Galicia.

Que valoramos?

Ademais dos requisitos obrigatorios, valoraremos especialmente:

  • A vocación docente e a capacidade para acompañar o alumnado.
  • O compromiso co proxecto educativo do centro.
  • A capacidade de traballo en equipo.
  • A formación en atención á diversidade e metodoloxías activas.
  • A competencia dixital docente.
  • O coñecemento de linguas estranxeiras.
  • A participación en proxectos educativos, culturais, deportivos ou de innovación.
  • A experiencia docente previa.

Envía a túa candidatura


Se queres formar parte do noso equipo, envíanos o teu currículo actualizado ao seguinte enderezo:
📧 traballaconnos@martinezotero.es

No asunto da mensaxe deberase indicar: CANDIDATURA – Etapa, especialidade ou posto

Recoméndase incluír:

  • Currículo actualizado.
  • Habilitacións docentes dispoñibles.
  • Formación complementaria relevante.
  • Carta breve de presentación.
  • Dispoñibilidade aproximada.

As candidaturas recibidas incorporaranse á base de datos do centro para seren consideradas nos procesos de selección que poidan xurdir. O envío do currículo non implica a participación automática nun proceso nin garante a contratación.

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram