Instalacións e servizos
Para as actividades deportivas dispón de máis de 2.000 metros cadrados cubertos que permiten o exercicio do deporte resgardando aos alumnos das inclemencias do tempo. O pavillón polideportivo, a aula de psicomotricidade, o ximnasio, as salas de tenis de mesa e xadrez atoparíase dentro deste tipo. As pistas de voleibol, fútbol e baloncesto -exteriores- completarían os metros destinados ás actividades deportivas.
Para as actividades lectivas o centro dispón dunha morea de clases adaptadas aos diferentes niveis educativos, desde as clases de Infantil, con recursos e mobiliario adaptado aos nenos de idades temperás ata as clases de Secundaria, dotadas de sistemas informáticos e materiais propios para o estudo esixido nesa etapa educativa, laboratorios de física e química, biblioteca, taller de tecnoloxía, aula de informática, aula de música, etc.
Tamén existen máis espazos destinados a actividades culturais como poden ser o salón de actos con capacidade para máis de 450 persoas ou a sala Don Bosco.
O colexio dispón de cociña e comedor propios onde se ofrece o servizo de comida distribuído en 3 quendas diariamente.
Ademais, dispoñemos doutros servizos como o de madrugadores, de transporte, asistencia a educación infantil, ...