Raíces sólidas, ás para voar

Bádminton - Técnica e resistencia

Co bádminton desenvólvense certas habilidades nos nenos, como a agudeza visual, a axilidade e a rapidez de reflexos, todas elas imprescindibles durante o xogo. A orientación, a percepción do espazo e a gravidade, pero tamén o equilibrio e a coordinación son outras das habilidades que se potencian coa práctica deste deporte.

Cando se realiza regularmente fortalécense rapidamente brazos e pernas gañando en flexibilidade e dureza nos xeonllos, coxas, ombreiros e nocellos.

O bádminton require estar constantemente en movemento polo que a actividade aeróbica é alta e beneficia o sistema respiratorio e circulatorio. Debido ás características do seu xogo, esta disciplina estimula aspectos como a coordinación, os reflexos, a velocidade e a resistencia en maior medida que calquera outro deporte de raqueta.

Adestradores

 

  • Marcos Loureiro Díaz 
  • Alejandro Villalba Loredo

Horarios

SECUNDARIA

Mércores

17.00 - 18.00


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram