Raíces sólidas, ás para voar

Etapas Educativas

O Colexio Martínez Otero é un centro educativo que se fundamenta en valores humanos e cristiáns, aberto a todos os alumnos, que achega unha educación integral e individualizada desde o coñecemento persoal de cada alumno, coa finalidade de formar a persoas educadas e comprometidas coa sociedade. 

Educación Infantil

A Educación Infantil son emocións, risas, inquietudes e unha infinidade de sentimentos. Son ollos expectantes, inocencia, xogo, descubrimento, emoción, experiencias, espontaneidade. É escoitar aos nenos e crear neles a necesidade de aprender. 

Darlle oportunidades de coñecer o mundo que lle rodea, de crear as súas propias ideas e de que gocen descubrindo. 

É recoñecer nas súas expresións que sen falar dinnos tanto. É recibir os seus abrazos e sorrisos cada mañá… 

Aprendizaxe e atención personalizados, en aulas cun máximo de 25 alumnos e profesorado especializado.

O Colexio imparte o segundo ciclo de Educación Infantil, o que comprende as idades entre 3 e 6 anos. A vantaxe deste ciclo é que permite ritmos de aprendizaxe diferentes e que a profesora teña un mellor coñec emento e seguimento dos alumnos. Nesta etapa, débese crear un ambiente cálido e acolledor que favoreza o desenvolvemento físico e persoal do neno, por iso os espazos e recursos serán variados e motivadores.

HORARIO

Mañá

09.30/10.00 - 12.50

Xantar

12.50 - 14.30

Tarde

14.30 - 16.00

Actividades

16.00 - 16.50

Educación Primaria

A Primaria é a primeira etapa obrigatoria do sistema educativo a partir da cal se crean as bases para unha educación máis complexa, como a Secundaria ou a Universitaria. 

É decisiva dentro do ensino obrigatorio. Nela establécense as bases da maior parte das aprendizaxes posteriores.

A finalidade deste nivel educativo é favorecer que o neno aprenda o necesario para vivir e integrarse na sociedade de forma crítica e creativa, adquirindo uns coñecementos básicos relativos á expresión oral, escritura, apreciación de ideas, procesos e conceptos matemáticos máis xeneralizados, así como unha progresiva autonomía de acción no seu medio, procurando que este proceso de ensino-aprendizaxe resulte motivador e gratificante. 

Os procesos de aprendizaxe esixen períodos máis amplos que un ano para a súa correcta adquisición por parte dos alumnos, e é por iso que se organizan en 6 cursos para idades comprendidas entre 6 e 11 anos.

A educación organízase en áreas impartidas por mestres e a metodoloxía didáctica ten carácter persoal. A avaliación é continua e global.

No noso Centro, a implantación de novas metodoloxías, a posta en valor do traballo cooperativo como excelente ferramenta para facilitar e mellorar a aprendizaxe e a enorme implicación do equipo docente, permítennos garantir unha formación integral e unha óptima preparación para a Educación Secundaria Obrigatoria. 

HORARIO

Mañá

09.30 - 13.00

Xantar

13.00 - 14.20

Tarde

14.20 - 16.00

Actividades

16.00 - 16.50

Educación Secundaria Obrigatoria

A etapa educativa obrigatoria que realizase ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade.

Coa entrada en vigor da LOMCE, esta etapa organízase en materias e comprende dous ciclos: o primeiro de tres cursos escolares e o segundo dun. A obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria dá acceso aos ensinos postobrigatorios.

Esta etapa ten como finalidade que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico, desenvolva e consolide hábitos de estudo e de traballo, se prepare para a incorporación a estudos posteriores e/ou para a súa inserción ao mundo laboral e se forme para o exercicio dos seus dereitos e obrigacións na vida como cidadáns. 

No centro, prestamos especial atención á diversidade, ofrecendo programas de apoio e reforzo. O ensino do inglés é un obxectivo prioritario, véndose reforzada con clases semanais de conversación e a posibilidade de participar en diversos programas de inmersión ao longo desta etapa educativa. As TIC intégranse nas programacións de aula e na práctica diaria, mantendo unha continua ampliación e actualización dos recursos tecnolóxicos. Continúase co fomento da lectura implicando no noso Plan Lector a toda a comunidade educativa. Cremos na aprendizaxe cooperativa e na aprendizaxe por proxectos, por iso fomentamos o traballo en equipo en todas as materias.

O comezo da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) significa un gran cambio na traxectoria académica e persoal dos nosos alumnos. Ten como obxectivo preparar aos mozos e mozas de entre 12 e 16 anos para estudos superiores ou para o mundo laboral. 

A orientación e o apoio aos alumnos nesta etapa complexa do seu desenvolvemento emocional e social é prioritaria, e o profesor é unha guía no seu proceso de adaptación ás novas emocións e situacións. 

HORARIO


Luns

Martes a Venres

Mañá

09.00 - 14.30

09.30 - 15.00

Xantar

14.30 - 15.20


Tarde

15.20 - 17.00


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram