Todos un e iguais

APERTURA DO PERIODO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

As nosas portas están abertas para todas aquelas familias que, no curso 2024-2025, desexan formar parte da nosa comunidade educativa, na nova aventura que comezan os seus fillos e fillas no 2º ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).

As visitas nestes días fanse de forma personalizada. Coñeceredes a liña pedagóxica do noso centro educativo, os servizos dispoñibles e as nosas instalacións para os vosos fillos e fillas, creados e adaptados especificamente para esta etapa educativa. Ademais, recibiredes información sobre a ampla gama de actividades extraescolares que están a disposición do noso alumnado e que abranguen todo tipo de gustos e preferencias. Como poderedes ver, o centro é un colexio que segue medrando e mellorando día a día, por e para o noso alumnado e as nosas familias.

Se así o desexades, podedes contactar co centro por medio destas vías:

  • Chamando ao colexio: 982 140 028 ext. 2
  • Enviando un correo electrónico a: direccion@martinezotero.es

Non quededes sen coñecernos! Esperámosvos!


Novas de interese


Volver al resumen

07/09/2023

➡️ INFORMACIÓN HORARIA ⬅️

INFORMACIÓN HORARIA
DÍA 11/09/23- INICIO DE CURSO PARA TODAS AS ETAPAS: Infantil- Primaria- ESO. De 11h a 13h

HORARIO HABITUAL DE APERTURA DE PORTAS: 09.20- 09.40
(Todo aquel alumnado que non entre neste horario, deberá facelo, por causa xustificada, a través da porta principal)


DÍA 12/09/23- e seguintes, horario habitual.
(INICIAN SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES)

INFANTIL E PRIMARIA SECUNDARIA
9.30h – 13.00h 9.30h – 15.00h
14.20h -16.00h

SAÍDA DE BUSES ÁS 16.00h de MARTES a VENRES
LUNS ás 17.00h


DÍA 15/09/23- Inauguración de curso- SUBIDA AO SANTO,(se o tempo nolo permite). /Actividade alternativa dentro do centro en caso de choiva.
Os nenos/as deberán traer: chándal do cole, mochila con bocata/auga…para comer na área recreativa.
USUARIOS DE COMEDOR : levarán feito desde o cole un packed lunch con Bocadillo, auga e froita, sempre e cando o soliciten.

Infantil: subirán e baixarán en BUS. Comen no comedor.
1º CICLO de Primaria: Baixarán en BUS. Comen no comedor.

Outubro: Inicio de actividades extraescolares e deportivas, a partir das 16.00h.



Volver al resumen




 


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram