CICLO DE CINE no Colexio



02/10/2017

O noso alumnado de 4º ESO pon en marcha un CICLO DE CINE no Colexio. Con esta actividade, o alumnado organizador pretende cumprir unha dobre función: ofrecer unha alternativa de ocio cultural para os máis novos e que esta sirva, ademais, para axudar á financiación da súa viaxe fin de curso. As proxeccións realizaranse todos os venres do mes de outubro, a partir das 17h15 na Sala Don Bosco. O prezo da entrada será de 2€ por sesión como donativo para a súa viaxe. O noso cine está ABERTO A PAIS, NAIS E PERSOAS INTERESADAS. Agardamos por vos!?




 Voltar