Aviso Legal


Información do Titular


Denominación Social: Colexio Plurilíngüe Martínez Otero

Nome Comercial: Colexio Martínez Otero

CIF: G27007053

Enderezo: Calle Paco Maañón, 12, 27780 Foz (Lugo)

Teléfono: 982140028

Email: colexio@martinezotero.es


Condicións de uso


Colexio Plurilíngüe Martínez Otero, responsable do sitio web, pon a disposición dos usuarios o presente documento co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), así como informar a tódolos usuarios do sitio web respecto a cales son as condicións de uso do sitio web.

Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí incluidas, asi como a calquera outra disposición legal que fora de aplicación.

O usuario comprométese a facer un uso apropiado dos contidos e servizos que se ofrecen no sitio web, e con caracter informativo pero non limitativo, a non empregalos para: i)Incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias ao orden público, ii) difundir contidos de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos, iii) provocar danos físicos ou lóxicos no sitio web, o dos seus proveedores, ou de terceiras persoas, iv)tentar acceder e no seu caso, manipular, contas de correo ou zonas de administración sen autorización expresa.

Queda expresamente prohibida a reprodución, distribución e comunicación pública, de forma total ou parcial, dos contidos deste sitio web, sen autorización expresa do titular.

O titular reservase o dereito a modificar calquera tipo de información que puidera aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios ditas obrigas, entendéndose abondo coa publicación no sitio web do titular.

As condicións de uso do sitio, así como o contido deste aviso legal, ríxense conforme á lexislación española. O usuario sometese á resolución de calquera litixio ante os Xuzgados e Tribunais de A Coruña.


Protección de datos


Colexio Plurilíngüe Martínez Otero cumpre coas diretrices da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. A cumprimentación e envío dos formularios incluidos no sitio web implica o consentimento expreso ao titular para realizar envíos a través de correo electrónico ou calquera outro medio proporcionado a través dos formularios.

Os datos de carácter persoal recabados a través do sitio web serán incorporados a un ficheiro inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de datos, sendo Colexio Plurilíngüe Martínez Otero o responsable do tratamento.

O usuario poderá exerce-los seus dereitos de acceso, retificación e cancelación a través de correo eletrónico no enderezo colexio@martinezotero.es.


Cookies


Para optimiza-los nosos servizos, este Sitio, as mensaxes enviadas por correo eletrónico, os servizos online e as aplicacións interativas poden empregar "cookies".

Un cookie é un pequeño arquivo, enviado polo servidor da nosa web ao arquivo de cookies do seu navegador. Isto permite á nosa web lembrar a súa presenza ao estabrecerse unha nova conexión entre o noso servidor e o seu navegador. O principal propósito dun cookie é o de permitir ao noso servidor presentar páxinas web personalizadas.

Este sitio emprega cookies de sesión: cookies temporais que permanecen no arquivo de cookies do seu navegador mentres estea na nosa páxina web. Estes cookies son necesarios para certas aplicacións ou funcións e permiten que este Sitio funcione apropiadamente.

Este sitio non emprega cookies de terceiros.


Limitacións de responsabilidade


O titular non se fai responsable do contido dos sitios correspondentes aos enlaces externos incluidos no sitio web.

O titular non se fai responsable ante a posible caída do servidor, virus, ou calquera tipo de malfuncionamento do sitio por causas alleas ao titular.

O titular non se fai responsable do uso fraudulento que poidan facer terceiras persoas dos contidos ou elementos tecnolóxicos dispostos no sitio web.


Propiedade Intelectual e Industrial


A totalidade deste sitio web: texto, imaxes, marcas, logotipos, arquivos de audio e video, botóns, arquivos de software, combinacións de cores, así como a estrutura, selección, ordenación e presentación dos seus contidos, atópase protexida polas leis sobre propiedade Intelectual e Industrial, quedando prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, salvo para uso persoal e privado.