Todos un e iguais

APERTURA DO PERIODO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

As nosas portas están abertas para todas aquelas familias que, no curso 2024-2025, desexan formar parte da nosa comunidade educativa, na nova aventura que comezan os seus fillos e fillas no 2º ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).

As visitas nestes días fanse de forma personalizada. Coñeceredes a liña pedagóxica do noso centro educativo, os servizos dispoñibles e as nosas instalacións para os vosos fillos e fillas, creados e adaptados especificamente para esta etapa educativa. Ademais, recibiredes información sobre a ampla gama de actividades extraescolares que están a disposición do noso alumnado e que abranguen todo tipo de gustos e preferencias. Como poderedes ver, o centro é un colexio que segue medrando e mellorando día a día, por e para o noso alumnado e as nosas familias.

Se así o desexades, podedes contactar co centro por medio destas vías:

  • Chamando ao colexio: 982 140 028 ext. 2
  • Enviando un correo electrónico a: direccion@martinezotero.es

Non quededes sen coñecernos! Esperámosvos!


Novas de interese


Volver al resumen

24/07/2019

ESCOLA DE IDIOMAS DO COLEXIO

Desde a ESCOLA DE IDIOMAS DO COLEXIO infórmannos das prazas libres que aínda quedan dispoñibles nos grupos ofertados. Ademais, tamén nos indican a relación do alumnado admitido. Se algún alumno/a quere facer parte da nosa Escola de Idiomas ten que cubrir o boletín de inscrición antes do día 20 de setembro. Non o deixedes para o último día, posto que as prazas se asignan respectando a orde de inscrición. Contamos contigo para aprender idiomas? 😉

 270010 Carta Esc. Idiomas (Sept.) Curso 2019-20.pdf
 270010 CARTEL Grupos Abiertos 2019-20.pdf


Volver al resumen




 


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram