Xuntos somos máis

Adaptacións das programacións didácticas

Enlace para a revisión das adaptacións das programacións didácticas do 3º trimestre.

Revista Vieiro

Revista Vieiro
VIEIRO 126.pdf (5.44MB)
Revista Vieiro
VIEIRO 126.pdf (5.44MB)


  Facebook


Instagram

Novas de interese


Volver al resumen

19/05/2020

➡️ AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR ⬅️

Foz a 19 de maio de 2020

Benqueridas familias:

O motivo da presente é informarvos sobre os seguintes aspectos a ter en conta relacionados cos libros do vindeiro curso 2020 - 21:

✅ Hoxe saíu publicada a orde que regula a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto de primaria(1º,2º), o fondo solidario de libros (primaria 3º,4º,5ºe 6º e ESO) e axudas para adquisición de material escolar para o curso 20 – 21.
✅ Presentarase UNHA ÚNICA SOLICITUDE PARA TÓDOLOS CONCEPTOS, (axudas libros, fondo libros ou axudas materiais) E PARA TÓDOLOS IRMÁNS MATRICULADOS NO MESMO CENTRO, a aplicación informática da Xunta xerará os vales aos que se teña dereito en función da renda per cápita.
✅ O Prazo de presentación da solicitude REMATA, PARA TÓDOLOS CASOS, O 19 DE XUÑO DE 2020, non hai prazos extraordinarios.(agás repetidores de 4º ESO)
✅ Agradecemos ás familias tódalas doazóns de libros que se poidan para poder chegar ao maior número posible de alumnos/as solicitantes.
✅ OS LIBROS EN CALIDADE DE PRÉSTAMO DEBEN QUEDAR, AO REMATE DE CURSO, NO BANCO DE LIBROS QUE O CENTRO TEN CREADO A TAL EFECTO. (O alumnado de ESO que teña que presentarse a exames en setembro, recollerá os libros necesarios no momento da entrega de cualificacións finais, 22.6)
✅ Teñen dereito a axudas ou fondo de libros:
▶ O alumnado de primaria e secundaria. NON ED. INFANTIL
▶ As familias con renda per cápita anual inferior a 10000 €
✅ Teñen dereito a axudas para compra de material escolar:
▶ O alumnado de primaria e secundaria. NON ED. INFANTIL
▶ As familias con renda per cápita anual inferior a 6000 €
✅ Cálculo da renda per cápita: Renda 2018 recadro 435 + recadro 460 dividido entre o nº de membros da unidade familiar.
✅ Para poder acollerse á modalidade de fondo de libros ou axuda 20 - 21 é imprescindible ter devoltos os libros do presente curso (3º,4º,5º e 6º de primaria, e ESO) pertencentes ao fondo solidario 19 - 20. Esta devolución farase entre os días 8 e 19 de xuño nos despachos do centro (Metede os libros nunha bolsa e identificades a bolsa co nome e apelidos do alumno/a e o curso) ESTABLECERANSE TURNOS DE DEVOLUCIÓN PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS.
✅ Os formularios de solicitude, (que se poden recoller na dirección do centro, serán remitidos polos titores/as ás familias, ou ser descargados do noso facebook ou máis abaixo nesta mesma entrada), deben ser entregados, debidamente cumprimentados e asinados, en dirección, adxuntando unha fotocopia completa do libro de familia ou volante de convivencia, DENTRO DO PRAZO MENCIONADO ANTERIORMENTE.
Como xa sabedes, o centro segue ofertando ás familias a posibilidade de xestionar a compra de libros de texto a través do colexio.
✅ Na primeira semana de xuño recibiredes, a través dos titores/as, os listados de libros de texto para o 2020 – 21, neles debedes marcar os libros que queirades que nós encarguemos e devolvelos ao centro, en dirección ou a través dos titores/as, á maior brevidade posible.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo:

A dirección

 Formulario ED330B.pdf


Volver al resumen


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram