Todos un e iguais

Novas de interese


Volver al resumen

01/10/2018

RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO ONG "GLOBAL HUMANITARIA"

Como sabedes, durante este curso, o lema do noso Colexio é "Sumando vontades". Desde o Equipo de Pastoral pensamos levalo á práctica. Deste xeito, o noso centro, en colaboración coa ONG “Global Humanitaria”, levará a cabo unha CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO titulada: “Mariola solidaria”.

Esta actividade axudará, de maneira fundamental, na financiación dun proxecto en Bengala Occidental (India), chamado “Right to education”. O proxecto consistirá na posta en marcha e mantemento de 21 centros para nenos e nenas de primaria e infantil, onde poderán recibir 2h ao día de clases.

No día de hoxe, e pensando nesa recollida de roupa e calzado, facilitáronse unha serie de bolsas nas que o noso alumnado poderá traer a súa achega (no caso de que non coubese todo nesas bolsas poderán empregarse outras). O XIMNASIO do Colexio habilitarase como punto de recollida nas primeiras horas da mañá.

O PRAZO PARA FACERDES A VOSA DOAZÓN REMATARÁ O DÍA 18 DE OUTUBRO. 👔👕👖🧦

MOITAS GRAZAS POLA VOSA SOLIDARIEDADE! ☺️



Volver al resumen





 


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram