Todos un e iguais

Novas de interese


Volver al resumen

22/01/2023

➡️ INFORMACIÓN IMPORTANTE. SERVIZO DE TRANSPORTE ⬅️

Benqueridas familias:

Respecto do corte na N-642, e segundo nos informan fontes oficiais, para a xornada de mañá estará habilitado a utilización dun carril regulado por semáforo para a entrada e saída de Burela.

Con estes datos, queremos informar de que a previsión é que o servizo de transporte saia na hora habitual das paradas de costume en Burela. As paradas desde Cangas cara a Foz poden sufrir atrasos dependendo do estado do tráfico.

Así mesmo, no regreso de pola tarde pode haber tamén atrasos (en maior medida nas paradas de Burela).

Se se produce algún cambio actualizaremos debidamente esta información.

Agardando ter sido de axuda, recibide un cordial saúdo.



Volver al resumen





 


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram