o meu colexio, o teu colexio, o noso colexio

Novas de interese


Volver al resumen

08/04/2022

➡️ ACTUALIZACIÓNS NORMATIVA AVALIACIÓN E TITULACIÓN ⬅️

ACTUALIZACIÓN DA NORMATIVA DE AVALIACIÓN

Prezadas familias,

No Portal Educativo está publicado o texto da Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Pódese atopar o texto neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36156

A LOMLOE (L.O. 3/2020), que modificou a LOE, estableceu na súa disposición derradeira quinta que as modificacións introducidas en materia de avaliación e condicións de promoción das distintas etapas educativas implantaranse no curso seguinte ao da entrada en vigor da Lei. Por esta razón as comunidades autónomas víronse na obriga de modificar a regulación actual.

Salientaremos algúns dos aspectos más importantes desta normativa, incorporada xa na concreción curricular do centro (pódese consultar na Dirección do centro), e que serán xa de aplicación no curso escolar 2021/2022. Tamén ten incidencia neste cambio normativo a publicación da Orde do 8 de setembro de 2021 (DOG do 26/10/2021) pola que se desenvolve o Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade.

1. EDUCACIÓN PRIMARIA.
Derróganse os artigos 2, 3 e 6 da Orde do 9 de xuño de 2016.

A decisión do equipo docente sobre promoción do alumnado terá lugar ao finalizar os cursos 2º, 4º e 6º. A promoción será automática nos outros cursos.

Ao finalizar 2º e 4º elaborarase pola persoa titora un informe sobre o grao de adquisición de competencias.

Faise unha remisión á Orde do 8/09/2021, artigo 50, sobre elaboración a un Plan Específico de Reforzo para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso.

2. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.
A orde derroga os artigos 2, 5, 6 e 7, e o artigo 4 apartados 4-5-6-7-8-10 da Orde do 21 de decembro de 2007.

As novidades máis importantes están no artigo 8, que regula a PROMOCIÓN. A concreción que se fai para completar a indefinición do Real Decreto 984/2021, sobre o número de materias pendentes coas que se pode promocionar dun curso a outro son as seguintes:

◾ Promociona o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados, ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias.

No cómputo deben sumarse as materias non superadas de cursos anteriores, para promocionar con 1 ou 2 materias ou ámbitos con avaliación negativa.

◾ Promoción noutras condicións:

- Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias nas que estea matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.
- Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle permiten seguir con éxito o curso seguinte.
- Que o equipo docente estime que ten expectativas favorables de recuperación.
- Que o equipo docente estime que dita promoción beneficiará a súa evolución académica.

Menciónanse medidas de reforzo para o alumnado que promocione con materias negativas, incluíndo un Plan Específico personalizado segundo a O. 8/09/2021.

A repetición é excepcional, pero o borrador contempla a posibilidade de repetir curso unha vez, e un máximo de dúas veces ao longo do ensino obrigatorio.

Mantense a posibilidade excepcional dunha segunda repetición en 4º curso, aínda que se esgotara o máximo de permanencia e superase nun ano o límite de idade.

Novidades en materia de TITULACIÓN: Artigo 10.

◾ Titula o alumnado que superase todas as materias ou ámbitos.

◾ No caso de materias non superadas, sen especificar número, titula quen reúna as seguintes condicións:

- Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias nas que estea matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.
- Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquiriu as competencias establecidas.
- Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzou os obxectivos da etapa.

3. MODIFICACIÓN DO CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021/2022.
A disposición derradeira primeira modifica o calendario escolar aprobado por Orde do 19/05/2021. No noso centro queda da seguinte maneira:

- As sesións da 3ª avaliación parcial da ESO realizaranse o 7 e 8 de xuño de 2022.
- A avaliación final da ESO realizarase o 24 de xuño de 2022.

Sen máis, agardando ter sido de axuda, recibe un cordial saúdo.



Volver al resumen


Facebook



 

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram