o meu colexio, o teu colexio, o noso colexio

Novas de interese


Volver al resumen

10/06/2021

➡️ INFORMACIÓN SOBRE EQUIPAMENTO DO COLEXIO ⬅️

Benqueridas familias:

O motivo da presente é informarvos da decisión tomada polo Equipo Directivo do Colexio de mudar o chándal, buscando un abaratamento no prezo e unha liña máis moderna e cómoda para os nosos alumnos/as.
Gustaríanos destacar os seguintes aspectos:
- O chándal seguirá sendo de uso obrigatorio e as bermudas voluntarias.
- Manterase o modelo de camiseta branca e o pantalón curto negro.
- A equipación actual e a que vos estamos a presentar, convivirán durante os cursos 21/22 e 22/23.
- As tendas distribuidoras serán as habituais: Living Sport, Deportes Atenas e Nª 1 Zapatillas.
- A nova equipación será introducida segundo vaian esgotando o stock as tendas mencionadas
- Os alumnos/as de 4º de Educación Infantil comezarán o vindeiro curso co novo chándal.

Agardamos que esta decisión ocasione o menor trastorno posible dende a idea de buscar o mellor para os vosos fillos.

Quedando a vosa disposición, recibide un cordial saúdo.

A dirección

 Chandal.jpg
 Bermuda.jpg


Volver al resumen


Facebook



 

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram