Historia do Colexio Martínez Otero


A creación deste centro responde á vontade de D. Eliseo Martínez Pillado e Dna. Pilar Otero Pillado, os cales, no seu testamento, legan unha importante suma de bens para a súa fundación. Así, en 1936, os encargados de aplicar as disposicións do testamento adoptan a clasificación de Fundación benéfico-docente.

No ano 1940 a Congregación de los Hermanos de la Instrucción Cristiana de Lamennais - Menesianos - fanse cargo da dirección do centro ata o ano 1964.

No ano 1964 a Xunta de Patróns nombra superior e administrador a D. Manuel Crespo Prieto que, xunto con un grupo de mestres seglares, encárgase de impartir as clases de primaria e secundaria ós alumnos do colexio durante os cursos 1964/1966, sendo substituido no ano 1966 polo P. Agapito Díez Orbaneja da Congregación de Padres Maristas, coa que se firma un contrato o 2 de abril de 1968.


Historia Colexio Martínez OteroHistoria Colexio Martínez OteroHistoria Colexio Martínez OteroHistoria Colexio Martínez Otero

O 3 de Outubro de 1968 quedou o colexio oficialmente autorizado para impartir o ensino de Primaria, e o 3 de Xullo de 1969 é recoñecido para o ensino Medio.

O 12 de Setembro de 1973 obtense a aprobación de transformación e clasificación definitiva como centro non estatal de E.X.B. de 16 unidades con capacidad para 640 postos escolares.

No curso 1976/1977 é autorizada a etapa de Preescolar.

O día 4 de Maio de 1983 acórdase implantar o ensino mixto.


No curso 1991/1992 os Padres Maristas deixan a dirección e faise cargo a Congregación Salesiana, ata o curso 2011-2012 inclusive.

No curso 2012–2013, a Congregación Salesiana deixa a dirección, a cal é asumida, segundo as indicacións do Patronato, polo profesorado seglar do centro, actuando o párroco de Foz como profesor de relixión de secundaria e consiliario do centro.