A Nosa Escola


O Noso Modelo de Escola


A Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez Otero

É unha escola popular, tanto polo sector social ó que prioritariamente se dirixe, como polo estilo que adopta e, de xeito especial, porque segue con amor ós máis necesitados.

É unha escola libre e aberta, quere ser afirmación dos dereitos da familia e da Igrexa, acolle a todos aqueles que están dispostos a emprender un camiño deliberación total, educa en valores universais de liberdade e quere transforma-lo ambiente no que se inserta.

É unha escola que coloca ó xove no centro do feito educativo, acólleo como é e axúdalle a medrar mediante múltiples propostas educativas, non só nas horas lectivas, senón con outras actividades formativas á marxe do horario escolar.

É unha escola que tende a crear unha comunidade xuvenil, "unha familia" na que se favorecen e cultivan as relacións persoais, a solidariedade e a amizade, e se forma un ambiente de compromiso, de ledicia e de confianza.

É unha escola caracterizada pola presenza dos educadores no medio dos alumnos e pola súa participación nos intereses xuvenís: son persoas dispoñibles para estar cos xoves.

É unha escola de traballo porque ensina a vivir a espiritualidade do traballo e acompaña ós alumnos/as no descubrimento do propio proxecto de vida a través da oportunaorientación vocacional e profesional.

É unha escola evanxelizada e evanxelizadora, na que o desenvolvemento persoal é seguido con respecto, a dimensión relixiosa ocupa o seu xusto lugar e o alumno/a pode coñecer e amar a Xesucristo e recorrer o seu propio camiño de fe.

É unha escola que potencia os valores específicos da realidade local nun clima de integración e de apertura a tódolos homes, mulleres e culturas.



O Noso Modelo de Persoa


A Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez OteroA Nosa Escola Colexio Martínez Otero

A nosa escola quere proporcionar ós nosos alumnos e alumnas unha EDUCACIÓN INTEGRAL, entendida como a acción educativa que favorece o despregue harmónico e progresivo de tódalas dimensións que configuran a persoa:

A DIMENSIÓN INTELECTUAL: para despregar e organizar as súas capacidades, de maneira que poida asimila-los coñecementos necesarios para afrontar con éxito calquera situación ou problema.

A DIMENSIÓN FÍSICA: aceptando e coidando o propio corpo, potenciando as habilidades físicas e motoras, e adquirindo hábitos de vida sá e gusto pola actividade física.

A DIMENSIÓN AFECTIVA: para promove-la autoestima, acadar o equilibrio persoal e establecer unhas relacións que contribúan á propia realización e á realización das persoas coas que se trate.

A DIMENSIÓN SOCIAL: tomando conciencia responsable e solidaria de pertencer a uns determinados grupos sociais e das esixencias que isto comporta.

DIMENSIÓN ESTÉTICA: cultivando a sensibilidade pola beleza e polas súas diferentes manifestacións naturais, artísticas e culturais.

A DIMENSIÓN ÉTICA: para adquiri-la capacidade de análise crítica e asumi-los valores morais da sociedade, chegando á elaboración dunha escala de valores propia que favoreza o desenvolvemento harmónico da súa persoa e a súa aportación activa e positiva á sociedade.

A DIMENSIÓN TRANSCENDENTE: potenciando o dinamismo espiritual, comprometéndose na busca de solucións persoais ás cuestións e preguntas sobre o ser humán, abríndose ó feito relixioso e á trascendencia como posibilidade dunha realización persoal máis rica e plena.