Normas de Convivencia


Unha sana e armónica convivencia colexial basease en pequenos detalles que, asumidos de modo consciente no seu conxunto, posibilitarán o desenvolvemento sereno das actividades académicas, o respeto e enriquecemiento mutuos, e a agradable estancia para todos no ámbito colexial. 


Primaria e E.S.O.


Debemos respectar a todos os membros da comunidade educativa, tanto ás persoas como ás súas pertenzas. Evitaremos sobre todo aquelo que poda ofender ós demáis verbal ou físicamente.

As faltas de asistencia deben ser xustificadas ó tutor por escrito, con anterioridade si son previstas, ou o primeiro día de volta á clase. 

Ningún alumno debe ausentarse do centro durante o horario lectivo si non é con a autorización do titor, previa petición por parte dos pais.

Os alumnos deben facer uso correcto das instalacións e mobiliario.

Debemos ser puntuales na asistencia ás actividades, sexan lectivas ou non.

Durante os periodos de recreo non podemos permanecer nas aulas ou nos pasillos. O lugar propio de recreo é o patio.

Non está permitido o uso de aparatos de música tipo "walkman", "discman", MP3, MP4, etc., nin de teléfonos móbiles no recinto colexial.

Os alumnos deben presentarse no centro aseados e vestidos de forma correcta.

Si nos comprometemos a participar nalguna actividade extraescolar, será de forma responsable e asidua.

A asistencia á clase, ós actos programados con ocasión de festas colexiais, ás actividades complementarias e ós servizos de comedor e transporte, si é o caso, é obrigatoria.


Infantil


Entrada e saída puntual.

Non traer larpeiradas agás para os aniversarios.

Baby abrochado por detrás.

Unha muda sólo obrigatoria en 3 anos. En 4 e 5 anos ningunha.

Chándal obrigatorio para ximnasia.

As mochilas sólo para 3º de Infantil.

Recoméndase a participación nas actividades, tanto fóra como dentro da aula.

Avisar con antelación das faltas de asistencia previstas.

Advertir si vai a recoller ós nenos alguén distinto do habitual.