Sumando Vontades

O Noso Modelo de Escola  

É unha escola popular, tanto polo sector social ao que prioritariamente se dirixe, como polo estilo que adopta e, de xeito especial, porque segue con amor aos máis necesitados.

É unha escola libre e aberta, quere ser afirmación dos dereitos da familia e da Igrexa, acolle a todos aqueles que están dispostos a emprender un camiño de liberación total, educa en valores universais de liberdade e quere transformar o ambiente no que se insire.

É unha escola que coloca á xuventude no centro do feito educativo, acólleo como é e axúdalle a medrar mediante múltiples propostas educativas, non só nas horas lectivas, senón con outras actividades formativas á marxe do horario escolar.

É unha escola que tende a crear unha comunidade xuvenil, "unha familia" na que se favorecen e cultivan as relacións persoais, a solidariedade e a amizade, e se forma un ambiente de compromiso, de ledicia e de confianza.

É unha escola caracterizada pola presenza dos educadores no medio dos alumnos/as e pola súa participación nos intereses xuvenís: son persoas dispoñibles para estar cos mozos e mozas.

É unha escola de traballo porque ensina a vivir a espiritualidade do traballo e acompaña aos alumnos/as no descubrimento do propio proxecto de vida a través da oportuna orientación vocacional e profesional.

É unha escola evanxelizada e evanxelizadora, na que o desenvolvemento persoal é seguido con respecto, a dimensión relixiosa ocupa o seu xusto lugar e o alumno/a pode coñecer e amar a Xesucristo e recorrer o seu propio camiño de fe.

É unha escola que potencia os valores específicos da realidade local nun clima de integración e de apertura a todo os homes, mulleres e culturas.

O Noso Modelo de Persoa

A nosa escola quere proporcionar aos nosos alumnos e alumnas unha EDUCACIÓN INTEGRAL, entendida como a acción educativa que favorece o despregue harmónico e progresivo de todas as dimensións que configuran a persoa:

A DIMENSIÓN INTELECTUAL: para despregar e organizar as súas capacidades, de maneira que poida asimilar os coñecementos necesarios para afrontar con éxito calquera situación ou problema.

A DIMENSIÓN FÍSICA: aceptando e coidando o propio corpo, potenciando as habilidades físicas e motoras, e adquirindo hábitos de vida sa e gusto pola actividade física.

A DIMENSIÓN AFECTIVA: para promover a autoestima, acadar o equilibrio persoal e establecer unhas relacións que contribúan á propia realización e á realización das persoas coas que se trate.

A DIMENSIÓN SOCIAL: tomando conciencia responsable e solidaria de pertencer a uns determinados grupos sociais e das esixencias que isto comporta.

A DIMENSIÓN ESTÉTICA: cultivando a sensibilidade pola beleza e polas súas diferentes manifestacións naturais, artísticas e culturais.

A DIMENSIÓN ÉTICA: para adquirir a capacidade de análise crítica e asumir os valores morais da sociedade, chegando á elaboración dunha escala de valores propia que favoreza o desenvolvemento harmónico da súa persoa e a súa aportación activa e positiva á sociedade.

A DIMENSIÓN TRANSCENDENTE: potenciando o dinamismo espiritual, comprometéndose na busca de solucións persoais ás cuestións e preguntas sobre o ser humano, abríndose ao feito relixioso e á transcendencia como posibilidade dunha realización persoal máis rica e plena.

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram