Sumando Vontades

Principios de Calidade Educativa

Os nosos principios de calidade educativa

O noso colexio pon aos alumnos/as no centro da súa acción educativa, buscando a formación integral da persoa.

  • A acollida incondicional da persoa.
  • A confianza nos mozos e mozas.
  • A personalización das relacións.
  • O respecto á vida.
  • O traballo como fonte de educación.
  • A construción dun mundo máis solidario, xusto e pacífico.
  • A apertura a Deus.

Comprendemos que a visión de futuro esixe un compromiso decidido de:

  • Estimular entre os educadores/as unha formación humana, profesional e cristiá, aberta ás novas sensibilidades e necesidades da xente moza de hoxe en día.
  • Favorecer o sentido de corresponsabilidade na misión educativa.
  • Responder aos novos desafíos que presenta o mundo xuvenil, potenciando o traballo en equipo e de forma coordenada desde as distintas plataformas educativas.
  • Educar aos nenos/as, adolescentes e mozos/as para participar na vida social con sentido de responsabilidade.
  • Favorecer no colexio a interculturalidade e o sentido de pertenza a Europa co fin de construír unha nova cidadanía activa, pacífica e democrática.
  • Potenciar a identidade cristiá do noso centro desde unha cultura aberta aos valores evanxélicos e a educación na fe.

Para responder a todas estas expectativas, o Colexio conta con:

  • O Sistema Preventivo coma estilo educativo propio.
  • Unha metodoloxía aberta e flexible, que promove aprendizaxes significativas integrando en cada intre os avances pedagóxicos a través da formación permanente do profesorado.
  • Sentido de familia, onde todos os integrantes da comunidade educativa se encontren “coma na casa”.
  • Escola a tempo pleno, máis alá do estrictamente académico.
  • Un sistema de avaliación continua e atención á diversidade, que garante en cada intre do proceso educativo, a adecuación da nosa acción ás necesidades dos destinatarios.
  • Unha educación en valores e un servizo de orientación e titoría que posibilite a maduración persoal e a realización do proxecto de vida de cada alumno/a.
  • Unha relación aberta e receptiva coas familias, baseada na información, a comunicación e colaboración.
  • Un equipo humano, altamente capacitado no profesional, comprometido coa educación e identificado co proxecto educativo.
  • Unha ampla oferta de actividades, buscando a formación integral dos nosos alumnos/as.
  • Un constante afán de mellora e superación.

Para todo isto a Dirección do centro asegura o cumprimento de todos os requisitos regulamentarios necesarios para o desenvolvemento da nosa actividade. 

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram