Sumando Vontades

Educación Secundaria Obrigatoria

A etapa educativa obrigatoria que realizase ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade.

Coa entrada en vigor da LOMCE, esta etapa organízase en materias e comprende dous ciclos: o primeiro de tres cursos escolares e o segundo dun. A obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria dá acceso aos ensinos postobligatorios. 

Esta etapa ten como finalidade que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico, desenvolva e consolide hábitos de estudo e de traballo, se prepare para a incorporación a estudos posteriores e/ou para a súa inserción ao mundo laboral e se forme para o exercicio dos seus dereitos e obrigacións na vida como cidadáns. 

No centro, prestamos especial atención á diversidade, ofrecendo programas de apoio e reforzo. O ensino do inglés é un obxectivo prioritario, véndose reforzada con clases semanais de conversación e a posibilidade de participar en diversos programas de inmersión ao longo desta etapa educativa. As TIC intégranse nas programacións de aula e na práctica diaria, mantendo unha continua ampliación e actualización dos recursos tecnolóxicos. Continúase co fomento da lectura implicando no noso Plan Lector a toda a comunidade educativa. Cremos na aprendizaxe cooperativa e na aprendizaxe por proxectos, por iso fomentamos o traballo en equipo en todas as materias.

O comezo da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) significa un gran cambio na traxectoria académica e persoal dos nosos alumnos. Ten como obxectivo preparar aos mozos e mozas de entre 12 e 16 anos para estudos superiores ou para o mundo laboral. 

A orientación e o apoio aos alumnos nesta etapa complexa do seu desenvolvemento emocional e social é prioritaria, e o profesor é unha guía no seu proceso de adaptación ás novas emocións e situacións.

HORARIO 1º ESO

Lunes
9:3013:20
14:3017:00
Martes
9:3013:20
14:3017:00
Miércoles
9:3013:20
14:3017:00
Jueves
9:3013:20
14:3017:00
Viernes
9:3013:20

HORARIO 2º, 3º E 4º ESO

Lunes
9:0015:00
15:5517:05
Martes
9:3015:00
Miércoles
9:3015:00
Jueves
9:3015:00
Viernes
9:3015:00


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram