Sumando Vontades

Educación Infantil

A Educación Infantil son emocións, risas, inquietudes e unha infinidade de sentimentos. Son ollos expectantes, inocencia, xogo, descubrimento, emoción, experiencias, espontaneidade. É escoitar aos nenos e crear neles a necesidade de aprender. 

Darlle oportunidades de coñecer o mundo que lle rodea, de crear as súas propias ideas e de que gocen descubrindo. 

É recoñecer nas súas expresións que sen falar dinnos tanto. É recibir os seus abrazos e sorrisos cada mañá… 

Aprendizaxe e atención personalizados, en aulas cun máximo de 25 alumnos e profesorado especializado.

O Colexio imparte o segundo ciclo de Educación Infantil, o que comprende as idades entre 3 e 6 anos. A vantaxe deste ciclo é que permite ritmos de aprendizaxe diferentes e que a profesora teña un mellor coñecemento e seguimento dos alumnos. Nesta etapa, débese crear un ambiente cálido e acolledor que favoreza o desenvolvemento físico e persoal do neno, por iso os espazos e recursos serán variados e motivadores.

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram