Todos un e iguais

Novas de interese


Volver al resumen

28/05/2021

➡️ AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR ⬅️

Aspectos a ter en conta relacionados cos libros do vindeiro curso 2021 - 22:

- Hai días saíu publicada a orde que regula a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto de primaria(1º, 2º), o fondo solidario de libros (primaria 3º, 4º, 5º e 6º e ESO) e axudas para adquisición de material escolar para o curso 21 – 22.
-> Presentarase UNHA ÚNICA SOLICITUDE PARA TÓDOLOS CONCEPTOS, (axudas libros, fondo libros ou axudas materiais) E PARA TODOS OS IRMÁNS MATRICULADOS NO MESMO CENTRO, a aplicación informática da Xunta xerará os vales aos que se teña dereito en función da renda per cápita.
-> O Prazo de presentación da solicitude REMATA, PARA TÓDOLOS CASOS, O 22 DE XUÑO DE 2021, non hai prazos extraordinarios.(agás repetidores de 4º ESO).
-> Agradecemos ás familias todas as doazóns de libros que se poidan para poder chegar ao maior número posible de alumnos/as solicitantes.
-> OS LIBROS EN CALIDADE DE PRÉSTAMO DEBEN QUEDAR, AO REMATE DE CURSO, NO BANCO DE LIBROS QUE O CENTRO TEN CREADO A TAL EFECTO. (O alumnado de ESO que teña que presentarse a exames en setembro, recollerá os libros necesarios no momento da entrega de cualificacións finais, 25.6)
-> Teñen dereito a axudas ou fondo de libros:
▶ O alumnado de primaria e secundaria. NON ED. INFANTIL
▶ As familias con renda per cápita anual inferior a 10000 €
-> Teñen dereito a axudas para compra de material escolar:
▶ O alumnado de primaria e secundaria. NON ED. INFANTIL
▶ As familias con renda per cápita anual inferior a 6000 €
-> Cálculo da renda per cápita: Renda 2019 recadro 435 + recadro 460 dividido entre o nº de membros da unidade familiar.
-> Para poder acollerse á modalidade de fondo de libros ou axuda 21 - 22 é imprescindible ter devoltos os libros do presente curso (3º,4º,5º e 6º de primaria, e ESO) pertencentes ao fondo solidario 20 - 21. Esta devolución farase entre os días 17 e 21 de xuño nos despachos do centro (Metede os libros nunha bolsa e identificades a bolsa co nome e apelidos do alumno/a e o curso)
-> Os formularios de solicitude, (que se poden recoller na dirección do centro ou ser descargados máis abaixo nesta mesma entrada), deben ser entregados, debidamente cumprimentados e asinados, en dirección, adxuntando unha fotocopia completa do libro de familia ou volante de convivencia, DENTRO DO PRAZO MENCIONADO ANTERIORMENTE.
Como xa sabedes, o centro segue ofertando ás familias a posibilidade de xestionar a compra de libros de texto a través do colexio.
-> Xa foron enviádos a través do correo electrónico os listados de libros de texto para o 2021 – 22, neles debedes marcar os libros que queirades que nós encarguemos e devolvelos ao centro, en dirección ou a través dos titores/as, á maior brevidade posible.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo:

A dirección

 Formulario ED330B.pdf


Volver al resumen





 


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram